SuperHarte
Ficha artística
Elenco espectáculo
Malala Ricoy
Duración minutos
50min
Sinopse
Patty Diphusa é unha Hartista, con h maiúscula. E vén traernos un pouco de Harte, e moito de Hamor.
Durante 50 minutos esta pequena gran Hartista intentará, literalmente, chegar ao máis a...
Patty Diphusa é unha Hartista, con h maiúscula. E vén traernos un pouco de Harte, e moito de Hamor.
Durante 50 minutos esta pequena gran Hartista intentará, literalmente, chegar ao máis alto, utilizando para iso todas as habilidades ao seu alcance: bailando, trepando, inchando globos e incuso meténdose dentro deles!!
Armada cun humor moi pícaro e moitas ganas de pasalo ben, Patty chega disposta a conquistar os corazóns do público porque, como ela di, “aos artistas respéctaselles, pero aos pallasos ámasenos”, e é ese amor a razón de por que durante 50 minutos non parará de dar toda a súa enerxía ás espectadoras e espectadores presentes.