Formulario de busca

NOVAS

Pepe Viyuela e Leo Bassi na MITEU

Un ano máis chega a MITEU (Mostra Ibérica / Internacional de Teatro Universitario). Un evento que pretende potenciar o intercambio artístico e humano entre grupos galegos e grupos da Península Ibérica ou de fóra dela. Os seus escenarios encheranse de dramaturxia con artistas como Pepe Viyuela e Leo Bassi, dous dos protagonistas desta 27ª edición.

Pepe Viyuela na MITEU con Encerrona
Luns, 2 de maio | Entradas aquí 

Na súa clásica Encerrona, Pepe Viyuela preséntanos unha reflexión sobre o cotián desde a perspectiva do pallaso. O protagonista vive a experiencia de quedar atrapado nas táboas: cando entra en escena, non sabe onde se está metendo. O personaxe enganado entra alí porque lle indicaron ese camiño, e atópase co público. El non vén actuar pero vese obrigado a iso.

Leo Bassi na MITEU con Yo, Mussolini
Mércores, 4 de maio  |  Entradas aquí

Leo Bassi volve posicionarse fronte á extrema dereita cun espectáculo nado do auxe en todo o mundo da vella ideoloxía fascista. Un desafío directo á xente que ten loitado sempre por unha vida máis solidaria e humanista. Yo, Mussolini é unha peza provocadora e divertida, pensada para xerar optimismo e dar ao público que sae do teatro gañas de resistir, ou, mellor, “risistir!” con intelixencia á intolerancia.

 

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Vicki e a felicidade

Carballo

23-04-2024

Horario pendente de confirmación


Made in Galiza

Lugo

25-04-2024

Horario pendente de confirmación


Cacho Animalada!

Sada

26-04-2024

18:30


Made in Galiza

Negreira

26-04-2024

20:30


A primavera ten que ser nosa

Santiago de Compostela

26-04-2024

22:30


O dragón de ouro

Celanova

27-04-2024

Horario pendente de confirmación


Indóciles

Santiago de Compostela

27-04-2024

13:00




MÁIS NOVAS EN CULTURACTIVA.ORG