The Best of Leo Bassi reúne os mellores números deste clown nos últimos anos, verdadeiros clásicos nos que vemos ao Bassi mais divertido e mordaz, e ao que máis xoga e se relaciona co público, parte principal do seu espectáculo.
As relixións, a banca, a dereita, o capitalismo... Nada escapa á crítica do pallaso italiano, máximo representante dunha arte que, libre de convencións, ofrece á audiencia unha experiencia apaixonante, sensacional, onde a provocación é unha linguaxe e non un propósito.
Ler máis