Jojo é unha fábula que conta a historia do primeiro orangután que foi rescatado do seu cativerio, e que significou o inicio do proxecto internacional Animal Rescue, unha ONG que traballa para salvar animais do sufrimento que representa vivir en catividade, promovendo a súa rehabilitación e o retorno ao seu hábitat natural. A través da poesía visual da arte con area e do relato musical, esta obra de monicreques fálanos do ecosistema e o seu fráxil equilibrio.
Ler máis