Play Time
Ficha artística
Dirección e dramaturxia: Irene Poveda
Dirección acrobática: Rossina Castelli
Dirección técnica e rigging: Abraham Pavón
Dirección en clown: Pedro Montoya
Música orixinal: Jesús Rojas “ Lápiz”
Deseño escenografía: Kanbahiota
Deseño de luces: Rubén Camacho
Vestiario: Kanbahiota
Fotografía: By_Wem
Deseño gráfico: Brer Ballesteros
Produción: Producciones Chisgarabís
Sinopse
Xogar a mancheas, implicarse ao 100%, asumir riscos, esquecer o tempo, gozar sen condicións. Neste momento ningunha outra ousa ten importancia. Quizais nos miredes de esguello, con medo, envexa ou vergoña allea. Tacharédesnos de insensatos. Ou talvez vos deixedes levar polo noso entusiasmo e participedes xunto a nós nun delirio colectivo que nos empurre a partillar un momento de liberdade absoluta.
Xogas?
Este proxecto xorde da colaboración de Chisgarabís coa compañía Kanbahiota, que comezou en 2019 coa creación do espectáculo A Roda e continuou coa dirección de Volando Vengo, ambos os espectáculos baseados nunha alta calidade técnica en canto ás disciplinas circenses e un innovador traballo de investigación sobre as estruturas que conforman as súas escenografías. Nesta ocasión embarcámonos neste novo proxecto xunto a eles para tratar o tema do xogo e da súa importancia no desenvolvemento das persoas cun novo e experimentado elenco que posúe un alto nivel técnico e artístico.